Somos

© Paula Casado

Somos unha comunidade en liña de incidencia e mobilización social orientada á participación, diálogo e encontro de organizacións e persoas preocupadas pola xustiza social desde unha opción crente.

Cada entidade social participa en Visibles.org, publicando e documentando as «Causas» coas que están implicadas para que máis persoas coma ti, que queren lograr cambios, poidan actuar a través da súa sinatura ou participación en eventos de mobilización.

A túa participación como organización ou como persoa individual fai o cambio!

OBXECTIVOS

Mobilizar a sociedade, canalizar os procesos de participación da cidadanía na vida pública e axudar a facer visibles as CAUSAS polas que traballan día a día as organizacións e colectivos.

CAUSAS QUE MERECEN A TÚA SE

Son CAUSAS a prol da xustiza social, promovidas polas organizacións e colectivos, en sintonía cos principios xerais da Doutrina Social da Igrexa, en diferentes liñas de acción.

Asina ou mobilízate por unha causa
  • EDUCACIÓN
  • MIGRACIÓN E REFUXIO
  • EQUIDADE DE XÉNERO
  • XUSTIZA SOCIOAMBIENTAL
  • PARTICIPACIÓN E CIDADANÍA GLOBAL

ORGANIZACIÓNS E REDES

Se es unha organización e queres promover unha causa, enche este formulario e porémonos en contacto contigo.
Todas as causas, antes de seren publicadas, cómpre que pasen pola aprobación do consello da plataforma, que actúa de acordo cos seus criterios editoriais.

Queres visibilizar a túa causa?

CIDADANÍA RESPONSABLE

A cidadanía pode participar e mobilizarse a favor da xustiza moi facilmente. Todas as causas publicadas en Visibles.org merecen o teu apoio: están promovidas por organizacións rigorosas e comprometidas, están ben documentadas e levan propostas concretas de acción para impulsar o cambio.

 

  •  Coa túa sinatura e cantas máis persoas apoien unha causa, máis posibilidades haberá de que a reivindicación sexa atendida.
  • Participando en mobilizacións locais pola causa.
  • Convidando outras persoas a sumarse ás causas a través das redes sociais ou a través da súa axenda de contactos de correo electrónico.
© Daniela Morreale

UNHA COMUNIDADE ABERTA E MODERADA

Visibles.org é unha plataforma aberta ás organizacións, colectivos, redes, movementos e propostas que sexan afíns e compartan os seus obxectivos e identidade. É un proxecto promovido e liderado polo Sector Social da Compañía de Xesús en España.
As causas e os contidos son responsabilidade da organización ou colectivo que as promove. Visibles supervisa as causas de tal maneira que sexan conformes coa súa política editorial.
En calquera caso, «Visibles.org» non comparte necesariamente todos os contidos e opinións vertidos nas causas promovidas desde ela.

© Paula Casado
© Sergi Cámara

UN PROXECTO GRATUÍTO, TRANSPARENTE E SEN ÁNIMO DE LUCRO

A credibilidade é o elemento clave no noso traballo para poder denunciar publicamente situacións de inxustiza. Sobre el aséntase a confianza de moitas persoas e entidades que se vinculan ás nosas organizacións. Por iso, visibles.org é un proxecto sen ánimo de lucro que se ofrece de forma gratuíta ás organizacións e colectivos que queiran participar nel.
Está xestionada polo equipo de comunicación do Sector Social, desde as ONG Alboan e Entreculturas. O certificado de transparencia e Bo Goberno de ambas as organizacións garante os compromisos sociais que esta asume están dentro dun marco de responsabilidade e de transparencia, recoñecido e auditado regularmente por unha entidade externa independente.