Profunda nas 5 causas que moven o sector social
Traballamos para que todas as persoas sen excepción teñan garantido o seu dereito a unha educación de calidade, prestando especial atención ás persoas e colectivos que se enfrontan a maiores barreiras á hora de acceder a este dereito: nenas e mulleres, estudantes con discapacidade, familias con escasos recursos económicos, persoas en situación de migración ou refuxio e aquelas que foron afectadas por conflitos ou desastres naturais.
Xa son máis de 110 millóns de persoas no mundo as que se viron forzadas a desprazarse debido a conflitos, catástrofes naturais, situacións de pobreza extrema ou violacións de dereitos humanos. Acompañamos e atendemos as persoas migrantes e refuxiadas tanto en orixe como en tránsito, destino e retorno, pondo un foco especial na protección do dereito á educación.
Dia internacional de las personas migrantes
Acoger sin integrar
Somos migrantes
Promovemos o cambio de patróns culturais e a defensa da igualdade de xénero como dereito humano fundamental e estratexia privilexiada para a construción de paz e desenvolvemento.
Prestamos unha atención especial a mulleres e nenas, que se enfrontan a unha maior desigualdade e vulnerabilidade polo feito de seren mulleres, e traballamos mediante proxectos específicos para protexelas da violencia, fomentando a súa participación e promovendo o seu desenvolvemento, utilizando a educación como ferramenta fundamental.
Web La Luz de las Niñas
MeM Demandas
Video de la campaña en ESP
MeM La Realidad de las mujeres en los procesos migratorios
Queremos contribuír a que cada vez máis persoas cultiven un estilo de vida máis sostible e respectuoso co medio, pensando no ben común, a solidariedade, o coidado da natureza e a traballar por unha renovada xustiza interxeracional.
Campaña Somos Amazonía
Directiva Europea sobre Diligencia Debida
Informe Somos Amazonía
As causas que subxacen a retos globais como a pobreza, a desigualdade ou a degradación ambiental atópanse en procesos mundiais. A resposta a estes desafíos require dunha cidadanía global consciente, comprometida e articulada en redes locais e globais, capaz de afrontalos. Queremos coidar especialmente a participación xuvenil, que nos convida a repensar un mundo novo e a participación das persoas e colectivos máis excluídos e vulnerables. Por este motivo esta causa é transversal ás demais.
Guia Didactica – Migración y Refugio – ES
Actividades Prácticas – ES
Comic educativo